
No ano 2008 co inicio da crise, decidimos traballar nun sistema que crease páxinas web dunha maneira rápida e fácil de administrar para o usuario/a, desta maneira podiamos ofrecer uns prezos realmente económicos.
Hoxe en día o noso xestor de contidos (CMS) é capaz de crear calquera tipo de páxina web, desde a máis sinxela á máis complexa. A capacidade de información que se suba á web é ilimitada, tanto galerías de imaxes, listaxes de noticias, catálogos, seccións, etc.
As páxinas web crecen segundo as necesidades do cliente ofrecéndolle un panel de administración para actualizar o contido desde calquera computador con conexión a internet. Un panel de control fácil de administrar e onde o cliente dispón das últimas melloras, polo que o sistema nunca quedará obsoleto. Podemos facerche tamén a pagina en facebook e que se sincronice coa túa web, ou viceversa, desta maneira só tes que subir a información nun só sitio.
Acolor é unha empresa onde nos preocupamos polos nosos clientes, crecemos aos poucos pero con pasos firmes, non ofrecemos servizos fáciles de vender senón servizos que non dean problemas.
Somos un equipo de profesionais que facemos que as pequenas e medianas empresas (PEMES),poidan ter o seu espazo en internet dunha maneira económica pero á vez totalmente profesional.